PARA LER  
LA CULTURA DE GÉNERO EN LAS ORGANIZACIONES ESCOLARES
Investigación
Dirección: Enrique Javier Díez Gutiérrez
Ed: Octaedro
Vén de publicarse un libro cos resultados desta interesante investigación realizada na Universidade de León co apoio do Instituto de la Mujer. O obxectivo principal era o de analizar unha realidade que se manifesta teimuda no ámbito educativo: que habendo unha maioría esmagadora de traballadoras do ensino non exista unha correspondencia co número de directoras de centros educativos. O que se deu en chamar “o harén pedagóxico” (o director rodeado de profesoras) segue presente sen que se pensase aínda en medidas correctoras deste feito. Parécenos por tanto un libro imprescindíbel sobre Organización Escolar no que a través de cuestionarios, entrevistas e grupos de discusión analízase esta realidade.
Trátase de detectar as actitudes e crenzas do colectivo de mulleres docentes cara á función directiva, así como analizar as barreiras que están presentes na cultura das organizacións escolares que poidan ser condicionantes para que se produza esta desigualdade numérica por razón de xénero. Adícase tamén unha parte moi interesante aos diferentes estilos de dirección que foron detectados onde o factor de xénero tamén parece relevante.

 

E-mail de Contacto | Aviso Legal