PARA LER  
NI PUTAS NI SUMISAS
Fadéla Amara
Ed. Catedra, madrid, 2004. 184 páx.
'Nin putas nin submisas' foi o lema da marcha que percorreu Francia en 2003 para denunciar a violencia machista que se produce en moitos barrios obreiros de maioría inmigrante e é agora o título dun libro que recolle esa loita para recuperar os dereitos "confiscados" das mozas musulmanas.
Queimada viva aos 17 anos. O asasinato de Sohane Benziane, unha moza de 17 anos queimada viva en outubro de 2002, foi o inicio da marcha de Nin Putas nin Submisas, un movemento que se foi alimentando das denuncias de opresión, falta de liberdade e incluso "violacións colectivas" que sofren moitas mulleres en barrios que foron literalmente "tomados" polos homes.
O ano pasado Ni Putas ni Sumisas recibiu un dos premios dos Dereitos Humanos da República Francesa polo seu proxecto de crear "a casa itinerante da muller", espazo de encontro que ofrece apoio psicolóxico, xurídico e profesional.

 

E-mail de Contacto | Aviso Legal