PARA LER  
UN DÍA DE TREBOADA
María de Mata
Col. Contos da igualdade, 1. A Coruña, 2006
Un día de Treboada

Unha terrible treboada ameaza unha aldea da Terra Chá e isto suporía perder a colleita. A intervención da nai de Aldara, protagonista da historia, será decisiva para salvar a situación e dará lugar a importantes cambios nas relacións entre as/os súas/seus habitantes.

Este conto está enmarcado na colección Contos da Igualdade, cos que se pretende romper a tendencia dos contos infantís a asignar roles estereotipados a nenos e nenas.

 

E-mail de Contacto | Aviso Legal