PARA LER  
A PIRAGUA
Cándido Pazó
Ed. Laiovento
A Piragua

Cándido Pazó, nesta obra teatral premiada e con grande éxito de público na súa primeira xira galega, dálle voz ás vítimas da violencia machista. Mestura momentos divertidos con dramáticos, conseguindo pincelar de humor un tema tan tráxico e brutal.

“A piragua” pon ao descuberto unha historia de malos tratos e menosprezos constantes, que non se ve porque non fai ruído, no ámbito familiar de Rosa, que descubre que a vida pode ser outra cousa e comeza a soñar con vivir por ela mesma.

 

E-mail de Contacto | Aviso Legal