PARA LER  
DESPOIS DA MEDIANOITE
Salma
Tradución: María Reimóndez
Edicións Xerais de Galicia
Despois da medianoite

Salma (Thuvarankurichi, 1970) é unha das máis notábeis escritoras támiles da actual literatura india. Dende os trece anos comezou a escribir poesía e logo a publicar en revistas literarias, durante anos na clandestinidade pola oposición familiar. A súa obra foi obxecto de críticas destrutivas en sectores literarios polo uso da sexualidade feminina dunha maneira aberta na súa obra e polo contido feminista dos seus escritos.

Nunha pequena aldea de Támil Nadu, no escuro da media noite, no lugar pechado das casas e das cociñas, no reverso das normas da comunidade, transcorren as vidas das mulleres desta novela. As súas arelas vannos levando por un camiño de dificultades, onde a busca da liberdade se atopa fanada de maneira constante, e amosando os atrancos que atopan para desfacer as posicións que lles veñen dadas, que lles son inoculadas a cada paso dende a infancia.

 

E-mail de Contacto | Aviso Legal