PARA LER  
TODAS AS MULLERES QUE FUN
Andrea Nunes Brións
Corsárias Editora
Todas as mulleres que fun

Andrea Nunes Brións (Marín, 1984). Licenciada en Filoloxía, activista política e feminista, continua estudando mentres escribe poemas e fai vídeos coas Candongas do Quirombo. Colabora de maneira activa en publicacións e proxectos relacionados co xénero e a lingua. A súa última obra Todas as mulleres que fun, é un poemario ilustrado por Annet Borrás Chia de temática erótica e de crítica contra o capitalismo, o patriarcado e a falta de consciencia ecolóxica compañado dun CD con vídeo poemas.


Os afectos, a identidade feminina, a Matria, o país..., son algúns dos alicerces de Todas as mulleres que fun; en palabras da autora, "un alento, unha procura, un buscar un construírmonos como nós mesmas queremos, en plural".

 

E-mail de Contacto | Aviso Legal