PARA VER  
O CLUB DA CALCETA
Adaptación da novela de María Raimondez.
Proxecto creado e dirixido por Antón Dobao. 
“O club da calceta”, é unha adaptación da novela homónima da escritora galega María Reimóndez, proxecto creado e dirixido por Antón Dobao. 
Esta película, non nos deixará indiferentes, faremos unha profunda reflexión e revisión da condición feminina. Trata temas como o maltrato, a prostitución, lesbianismo, e as relacións de poder, entre outros. 
Matilda, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Fernanda, inspiradas na figura liberadora da tía Davinia, faránnos partícipes da súa historia dende as diferentes perspectivas que nos mostrarán unha sociedade machista.
A historia destas seis mulleres moi diferentes entre si que asisten a clases de calceta, lugar onde expoñen as súas frustracions e ó mesmo tempo, toman conciencia da súa situación e da necesidade de superala. 
Dende un espazo tan tradicionalmente femenino como a calceta, estas mulleres, dende as súas diferenzas conseguen atopar na unión, a forza necesaria para sobrepoñerse a un presente difícil que coa súa complicidade lograrán superar.

 

E-mail de Contacto | Aviso Legal