PARA VER  
SEÑORA DE
Directora Patricia Ferreira.
Produtora Carmen Rábade, O raio verde producións.
“Abondaba con que un veciño fora e denunciara a unha muller dicindo que levaba unha vida licenciosa para que fose pechada nun reformatorio”

Este é o testemuño dunha das mulleres á que a directora galega Patricia Ferreira dá voz no seu documental “Señora de”. Son trece mulleres de entre 65 e 80 anos que nos contan como foi a súa vida durante a ditadura franquista. A idea xurdiu da produtora Carmen Rábade, que tras tres anos de recollida destes testemuños, tivo que elixir só uns poucos, porque algunhas mulleres non se atreveron a saír na pantalla e a outras, os seus homes ou os seus fillos prohibíronllelo.

Sen poder elixir o que querían ser, atemorizadas pola culpa do pecado, criminalizadas se loitaban por algo, cun sexo imposto dentro do matrimonio, sempre na sombra, e coa resignación de ter nacido nunha época que non lles correspondía. Un testemuño diferente desa “outra historia” que non se deixa escribir con maiúsculas.

 

E-mail de Contacto | Aviso Legal