PARA VER  
TUYA DE HUN SHI ( “A VODA DE TUYA”)
Wang Quan´an
Oso de Ouro en Berlín no ano 2007
Oso de Ouro en Berlín no ano 2007, a película está ambientada na Mongolia interior, onde Tuya, a protagonista da historia, tense que facer cargo do rabaño de ovellas da familia, de todos os traballos da casa, dos seus fillos e do seu home, inválido logo de sufrir un accidente. Unha situación que se volve insostible cando os seus problemas de lombo ameazan con deixala tamén a ela eivada. A única solución posible para ela é divorciarse e casar con outro home que se poida facer cargo das tarefas que ela non pode desenvolver. Os pretendentes serán numerosos para unha muller traballadora coma ela, pero Tuya porá como condición poder seguir a coidar dos seus fillos e do seu home. A película reflicte a lóxica dunha vida estremadamente dura, aceptada con excepcional resignación polos seus protagonistas, na que o traballo constante semella aplastar as emocións e os sentimentos que, porén, alimentan toda a historia.

 

E-mail de Contacto | Aviso Legal