PARA VER  
XXY
Lucía Puenzo
Alex ten 15 anos e ten difícil definir a súa identidade sexual. Naceu co que os médicos chaman ambigüidade xenital, e os seus pais optaron por non decidir por ela/el determinándolle o sexo mediante unha operación na infancia. Porén, na puberdade, cando os caracteres sexuais secundarios se desenvolven, vólvese máis acuciante a decisión de se decantar por unha opción, ante o temor ao rexeitamento social. As dificultades coas que se atopa nunha sociedade na que “o corpo é o destino”, serven para reflexionar sobre o papel que a identidade sexual ten en todas e cada unha das experiencias das nosas vidas, e na incapacidade socialmente aprendida de relacionarnos con persoas sen termos previamente dirimido a que sexo pertencen.

 

E-mail de Contacto | Aviso Legal