PARA VER  
BUDA AS SHARM FORURIKHT
Buda estoupou por vergoña
Hana Makhnalbaf
Unha nena afgana de seis anos desexa ir á escola como fai o seu veciño de cova, un cativo que está aprendendo a ler. Antes de nada, debe mercar un caderno, e polo tanto conseguir os cartos que non ten. Emprende ela soa un percorrido pola súa vila, Bamiyán, coñecida polas estatuas de Buda que destruíron os talibáns. Atoparase en situacións que permiten albiscar a realidade do seu pais, chegando a escena clave da película, na que un grupo de nenos xogan a ser talibáns e amagan con lapidala.

A película, dirixida pola iraní Hana Makhmalbaf, de dezanove anos, e con guión da súa nai, é unha denuncia conmovedora da situación que viven as mulleres neste país, onde para poder seguir con vida, deben previamente “morrer”.

 

E-mail de Contacto | Aviso Legal