PARA VER  
GRBAVICA
Jasmila Zbanic
Esma, a nai de Sara, unha nena de doce anos no Saraxevo actual, sempre dá largas á súa filla cando esta lle pide que lle fale do seu pai.
Este non saber do seu pai pasa a primeiro plano na relación entre a nai e a filla cando Sara ten que entregar un certificado de que o sei pai é un “shahid”, un mártir da guerra, para obter un desconto nunha viaxe do colexio.
Cando Sara descubre que a súa nai paga a viaxe completa, enfróntase a ela, e Esma, perdendo o control, revélalle que preñou nun campo de prisioneiras, logo de múltiples violacións. A pesares da dor que provoca esta revelación, a relación entre a nai e a filla farase menos ambigua, e suporá o primeiro paso que Esma dá para afrontar o trauma vivido.

 

E-mail de Contacto | Aviso Legal