PARA VER  
LAS TORTUGAS TAMBIEN VUELAN
Bahman Ghobadi.
Na rutina cotiá das nenas e nenos dun campo de refuxiados Kurdos, a diferenciación por sexo, idade e pertenza a diferentes territorios, estará presente nas relacións; pero será a diferencia de xénero a máis arrepiante. Tamén nas situacións estremas, como esta, as mulleres levamos cargas superiores ás dos homes.

Será Agrin, quen padeza o maior sufrimento: obrigada a ser nai despois de ser violada polo exército, e tendo que encargarse de todo o preciso para o seu fillo e o seu irmán sen brazos. O rexeitamento de Agrin á súa situación provocará que non vexa máis saída que escapar, sempre saír correndo e non profundar relacións con ninguén, incapaz de atopar algo positivo no mundo, poñendo de manifesto a parálise afectiva que sofre unha nena obrigada a ser nai.

 

E-mail de Contacto | Aviso Legal