PARA VER  
AGUA CON SAL
Pedro Pérez-Rosado
A película céntrase na historia de dúas mulleres, que aínda que proveñen de realidades diferentes, teñen algo en común: a marxinación laboral.
Olga é unha muller cubana que chega a España cunha bolsa de estudos, chea de proxectos, ilusións e soños de conseguir unha vida mellor. Pero andando o tempo a súa "situación" cambia e convértese nunha "inmigrante ilegal na marxinación” máis deste país. As súas metas e os seus soños caen esmorecidos na loita diaria por cumprir co seu traballo e sen poder voltar á casa.
Por outro lado coñecemos a Mari Jo, unha valenciana de orixe acomodada con problemas familiares, que traballa na mesma fábrica que Olga por 2€ a hora.
As dúas soñan cun futuro mellor, pero a realidade enfróntaas cunha situación complicada e sen saída inmediata.
En resumo, “Auga con sal” intenta comparar a realidade de dúas persoas diferentes que buscan desesperadamente todo o que perderon e que intentan sobrevivir nesta sociedade de benestar e supostas grandes oportunidades. Un filme que nos convida a reflexionar sobre a realidade interior e social de moitas persoas e familias.

 

E-mail de Contacto | Aviso Legal