PARA VER  
PRINCESAS
Fernando León de Aranoa
Preséntasenos a historia de dúas mulleres: Caye, rapaza de barrio marxinal, e Zulema, inmigrante dominicana.
As dúas teñen en común a súa ocupación habitual: a prostitución.
O que en principio empeza como unha loita primaria e visceral pola conquista de territorios (produto nacional contra competidora inmigrante), vólvese unha amizade cómplice, chea de confidencias na corda frouxa da vida. O filme móstranos ben definidos e delimitados, sen estridencias, os dous planos da vida de cada unha destas mulleres: a muller e a prostitución.
E para non mesturar estes planos, as dúas fan o imposible por gardar os sentimentos, porque non afloren, porque non dominen e dirixan a súa vida, case por non sentir.
Só hai un matiz minúsculo nas súas vidas: a ilusión limpa, inocente e inxenua por ser princesas, raíñas no seu propio reino.
E será precisamente nas reflexións inxenuas de Caye onde atopamos de fronte coa grande e verdadeira filosofía da vida.

 

E-mail de Contacto | Aviso Legal