PARA VER  
VÓS QUE SOS MI HERMANA
Yolanda Olmos Ruíz
Grupos de mulleres en Nicaragua levan acumulada nas últimas décadas unha longa experiencia organizativa, a miúdo sen apoios no seu entorno. O seu labor diríxese a crear alternativas e espazos propios que contribúan de forma decisiva ao desenvolvemento humano da súa sociedade.
Estes colectivos desenvolveron estratexias de resistencia e transformación ante a feminización da pobreza, a sobrecarga de traballo, a discriminación salarial, a negación do dereito a expresarse libremente, a ter acceso á educación e a decidir sobre a súa sexualidade e reprodución.
O seu obxectivo foi promover a concienciación, a capacitación e a autoaxuda impulsando proxectos de saúde, desenvolvemento económico e social, loita contra a violencia cara as mulleres e actividades de sensibilización á comunidade. Esta foi unha loita por unha vida máis digna e unha sociedade máis xusta e equitativa para mulleres e homes.
A imaxe das mulleres do "Sur", que a miúdo nos transmiten os medios de comunicación, reforza o estereotipo de mulleres como suxeitos pasivos, invisibiliza as súas experiencias e propostas, perpetuando e lexitimando a visión paternalista que as relega a un papel de simples receptoras de axuda e non as amosa como axentes de cambio dos seus procesos.
"Vos, que sos mi hermana", é un documental que pretende alonxarse deste código de imaxes vitimista.

 

E-mail de Contacto | Aviso Legal