PARA VER  
LAS MUJERES DE VERDAD TIENEN CURVAS
Patricia Cardoso
O núcleo da historia é o proceso de maduración de Ana, unha rapaza rebelde e intelixente que está a piques de rematar os seus estudos de secundaria. Ana ten a posibilidade de acudir becada á universidade, pero na súa familia teñen pensado outro destino máis tradicional para ela. Durante o verán, no que Ana ten que tomar importantes decisións sobre a súa vida, ten que botar unha man no taller de costura onde traballa a súa irmá maior. Alí aprenderá moito sobre a dignidade das mulleres, dos valores importantes da vida, moi diferentes dos impostos pola sociedade do éxito, simbolizada polos finos traxes que alí cosen e que nunca poderán usar, traxes destinados a mulleres hiper-delgadas con moito diñeiro e un aspecto deslumbrante.
Son moitos os conflitos que aparecen en torno a Ana, de xénero, de clase, de culturas, xeracionais...Filla dunha familia inmigrante, a súa lingua, a súa cultura, as súas expectativas xa non coinciden coas das mulleres do seu entorno. O interesante do filme é que nesa fuxida cara adiante Ana vai tratar de que o seu camiño cara a liberdade non sexa un camiño individual, senón que toque de algunha maneira a todas esas mulleres que representan a súa herdanza cultural.
En fin, a película fala do dereito á liberdade, do valor da educación e a cultura, da necesidade de voar por nós mesmas...

 

E-mail de Contacto | Aviso Legal