PARA VER  
TE DOY MIS OJOS
Icíar Bollaín
A directora de cine Icíar Bollaín, coa súa ollada sensible e profunda, constrúe un guión e mostra unha película obrigatoria para as persoas preocupadas por entender a complexidade da violencia doméstica.
Describe con realismo, sen dramatismo e sensiblaría, a grande carga de sentimentos e expectativas que conforman as relacións de dependencia afectiva que, na maioría de casos, están detrás da espiral de violencia física e terror psicolóxico que atrapa ás mulleres maltratadas.
E isto sen esquecer a perspectiva de xénero, que mostra que o problema da violencia ten a súa orixe nas relacións de dominio e control en que se instalan os homes –inseguros e acomplexados-, que empregan como único recurso para o sometemento a violencia, da que as mulleres son as vítimas.
Iso si, tamén queda claro que a rede social, o apoio e complicidade das mulleres, é a xanela que se abre para airear a autoestima e xerar o poder que rache a espiral de violencia, incapacitante e aterradora.
É de obrigada visión e, aínda, re-visión.

 

E-mail de Contacto | Aviso Legal