Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALIZA
   Inicio

29 DE ABRIL
O profesorado afectado responde masivamente á convocatoria de folga

Mais dun 80% do profesorado que imparte as áreas afectadas pola redución horaria secundou a convocatoria de folga. Así mesmo unha parte importante do resto do profesorado tamen participou na folga.

Preto de 4000 persoas asistiron á manifestación que se celebrou en Compostela.

 

Desde o STEG, queremos agradecer a todo o profesorado esta resposta de rexeitamento ao decreto de bacharelato, e agardamos que serva para que a consellaría recapacite sobre a súa postura.

É preciso reformar o Decreto de Bacharelato e recuperar horas para Educación Física, Filosofía, Música, Historia e Tecnoloxía. As propostas do STEG pasan por deixar a relixión fora do horario escolar, de non ser isto asumido pola consellaría, colocala en 2º de bacharelato para que o alumnado que non a elixa poda ter estudio para a preparación da selectividade como opción. A enquisa realizada polo STEG demostrou que o 83% do alumnado elixiría a opción do estudio se a Administración lle ofrecese esta posibilidade.

Despois da resposta do profesorado ás concentracións do 23 , 28 e á folga e manifestación de hoxe a administración galega ten a obriga de reabrir ás negociacións para consensuar un novo decreto do bacharelato menos conflitivo e de maior calidade para o ensino público galego.

De non ser así o profesorado galego continuará coas súas demandas realizando novas mobilizacións e a Consellería de educación perderá unha oportunidade de construír un bacharelato coas achegas de todas as persoas que traballamos no ensino.

 

CONCENTRACIÓN DO 23 DE ABRIL
O profesorado galego resposta á imposición da reforma do bacharelato

Comezan con éxito ás mobilizacións para intentar mudar a postura da Consellaría.

O STEG valora como moi positivo o esforzo feito polo profesorado galego par defender un bacharelato de calidade e opoñerse á redución horaria de Educación Física, Filosofía, e as outras materias afectadas como Historia de España, Música ou Tecnoloxía. O profesorado tamén se suma ao rexeitamento que fai o STEG de que a relixión permaneza dentro do horario escolar.

 

 

Propostas do STEG presentadas ao Consello Escolar de Galiza

Proxecto de decreto polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato.