Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALIZA
   Inicio

Formación de persoas en paro

O STEG, xunto coas demais organización sindicais, chega a un acordo coa administración para que se poida admitir un 30% de persoas paradas nos cursos realizados polos sindicatos ou outras organizacións, ao abeiro da Orde do 1 de marzo de formación permanente do profesorado

Desde o inicio deste curso o STEG vén reiterando na mesa sectorial, nas comisións de homologacións e en diversas entrevistas cos responsábeis da consellería, a necesidade dun acordo para formar as persoas paradas. Na comisión de homologación do 17 de outubro e nunha entrevista cos responsábeis de formación da administración advírtesenos a todas as OOSS que a partires dese día non poderá haber persoas paradas nos cursos. Desde ese día, no STEG, ademais de eliminar da matrícula ás persoas paradas que tiñamos nos cursos en marcha, non matriculamos a ningunha parada máis, seguindo as ordes da consellaría.
A partires de aí, reclamamos á administración a necesidade de regular o dereito á formación das persoas paradas. Isto non se solucionou até este acordo que permite a inclusión dun 30% de persoas paradas nos cursos de formación.

O presente acordo ten validez para todas as actividades realizadas a partir do 1 de xaneiro do 2008. As actividades realizadas antes desta data non contaran para as oposicións ao non contar co selo correspondente da Consellaría.

Ademais disto no acordo tamén se recolle:

- a obrigatoriedade de que os títulos emitidos polos sindicatos teñan que ser acuñados pola administración que terá unha relación das persoas paradas asistentes ao curso.

- non se poderá variar o nº de participantes despois de iniciado o curso.

- os cursos nestas condicións computarán a efectos de acceso á función pública docente.

Secretariado Nacional do STEG
febreiro 2008

Texto íntegro do acordo