Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALIZA
   Inicio << STEG Opina

 

O STEG É O ÚNICO SINDICATO DA MESA SECTORIAL QUE SE MOBILIZA CONTRA OS CONCERTOS EDUCATIVOS QUE SEGREGAN POR RAZÓN DE SEXO

A subvención aos colexios do opus é unha decisión política inxustificábel

En poucas hora centos de persoas e outras asociacións sumáronse á campaña de sinaturas dixitais do STEG : http://www.stegsindicato.org/

Despois das denuncias públicas do STEG a Consellería segue sen mudar a súa postura con respecto aos colexios que segregan por razón de sexo. Resulta máis incomprensíbel que non se retiren despois da intervención pública do Presidente da Xunta en contra destes concertos.
Por este motivo as delegadas e delegados do STEG fixemos hoxe unha concentración para rexeitar a concesión actual da Consellería  a estes colexios e o silenzo da administración ante as solicitudes e reclamacións da nosa forza sindical.
Como xa dixemos anteriormente, a sentenza do Tribunal Supremo (abril do 2008) deulle a razón á Xunta de Castela-A Mancha que decidiu negarlle a posibilidade de subvención a estes colexios. Dita sentenza posibilita á Consellería de Educación a negarlles o concerto aos centros que segregan ao alumnado por cuestión de sexo, xa que deixa ao criterio dos territorios a súa concesión ou non.
Resulta máis lamentábel que a Consellería estea a incumprir o seu propio Decreto de admisión de alumnado de marzo de 2007, segundo a cal, no artigo 2º.4 se di claramente que “en ningún caso haberá  discriminación na admisión do alumnado por cuestión de sexo...”

Para o STEG trátase, polo tanto, dunha decisión política e a Consellería non tivo, ao igual que noutros casos anteriores, a coraxe de facer unha auténtica política progresista e de cambio. Estamos, como xa dixemos, ante unha decisión política, que segue a favorecer un ensino ultraconservador e fomentador de valores e políticas contrarias ao espitiru da LOE  en todo o referido á coeducación.
Para o STEG non ten sentido, a día de hoxe, a existencia dos concertos educativos na medida en que desvían fondos da escola pública para a privada. Neste sentido pensamos que é o momento de revisar non só estes colexios senón todos os concertos existentes.
Continuaremos coas medidas de presión iniciadas tanto no ámbito político ( Mesa sectorial, entrevista coa Consellería) como no xudicial e no social coas denuncias publicas e a campaña de recollida de sinaturas na que en poucas horas, xa participaron varios centos de persoas e algunha asociación representativa de milleiros de persoas..

De non mudar a postura da Consellería non desbotamos o inicio de contactos con outras organizacións para levar, con outras mobilizacións que posibiliten a participación de toda sociedade galega .

 

Ligazón á páxina de sinaturas para adherírse ao manifesto

Descarga o Manifesto en pdf

Enrique Gil Calvo: Educación prara o segregacionismo

Seguimento da nova na prensa

Ligazón á nova en Vieiros - Vieiros 9 de outubro-soitu.es -galiciae.com -El Correo Gallego.es -AGN -AGN -

 

Secretariado Nacional do STEG
08 outubro 2008