SINDICATO
DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALIZA | |
![]() ![]() |
NOVO DECRETO DE GALEGO
Nos trinta anos de democracia en
Galiza non houbo nin a máis mínima
dúbida na necesidade dunha protección especial para
a lingua que se atopaba nunha situación de desigualdade conducente
á súa inevitábel desaparición. Sobre a redución de materias mínimas a impartir en galego. Para o STEG o camiño da normalización
na escola pasa por facer do galego a lingua vehicular. Nese sentido
a actual lexislación, aínda que insuficiente, supuxo
un paso adiante na percura do obxectivo da galeguización do
ensino. A redución das materias a impartir en galego ao 33%
suporá afondar no fracaso escolar en competencia lingüística
e facer dunha parte importante do alumnado analfabetos lingüísticos. Coñecer linguas estranxeiras, nomeadamente
o inglés, é un ben e un deber da administración
potenciar. Agora ben, o camiño non pode ser a costa das outras
linguas e, en especial, do galego, xa que será o que máis
sufrirá ao ser a lingua minorizada. Tampouco a costa do currículo.
Todos somos conscientes da necesidade de mellora do sistema educativo
para evitar o fracaso escolar tanto na comprensión lingüística
como noutras áreas de coñecemento como sociais, naturais,
matemáticas, humanidades....resulta doado imaxinar a dificultade
engadida que suporá para as nosas crianzas estudar unha porcentaxe
do currículo nunha lingua estranxeira ao mesmo tempo que se
diminúe o coñecemento das outras linguas. Toda a sociedade
galega debe reflexionar se quere fillas e fillos máis competentes
en inglés e menos competentes en coñecementos científicos
e humanísticos e con maiores dificultades en castelán
e aínda menos competentes en galego. Para o STEG o estudo das
linguas estranxeiras pasa por desdobrar grupos con ratios baixas,
mellorar as tecnoloxías, potenciar os intercambios e estadías
do alumnado e o profesorado... Sobre a escolla das nais e pais Curiosamente nin os horarios nin o currículo son escollidos polas nais e pais e si o idioma. Pode unha nai ou un pai decidir facer do seu fillo ou filla unha ignorante en matemáticas, ciencias ou calquera outra materia? No mesmo sentido tampouco pode facela ignorante dunha lingua xa que de ser así impediríalle a liberdade de escolla á filla ou fillo. Non pode haber liberdade se non hai coñecemento. E o coñecemento debe ser garantido polos poderes públicos e non deixalo nas mans da nais e pais máis ou menos ideoloxizados. Se ademais a escolla é cada catro anos, ao novo alumnado estáselle a impor a elección realizada por outros proxenitores. Velaí como entende a liberdade este goberno ao transformarse nunha verdadeira imposición. Sobre o conflito nos centros Para o STEG é unha grave irresponsabilidade da Consellaría trasladar decisións aos centros que só lle competen a ela. Con toda probabilidade xerará conflitos que afectarán á convivencia da comunidade educativa. Mesmo poderemos adiantar a oposición daquel profesorado implicado na normalización da lingua galega ao que agora se lle elimine a liberdade de impartir as aulas en galego. Secretariado Nacional do STEG |