11 de febreiro
A finais de 2015 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas acordou declarar o 11 de febreiro como Día Internacional da Muller e a nena na Ciencia. Dende entón, a Organización de Mulleres da Confederación Intersindical sumouse ao apoio e á reivindicación desta xornada, recompilando propostas e recursos didácticos destinados a visibilizar a contribución das mulleres ao coñecemento científico, así como a reforzar a participación de mulleres e nenas no ámbito da ciencia, a investigación e a innovación.
As estatísticas desagregadas por sexo, elaboradas por diferentes universidades e institucións científicas, nacionais e europeas, seguen amosando a necesidade de impulsar a carreira científica entre as nenas e as mozas, especialmente a súa participación nas ensinanzas STEM. Seguimos apostando pola educación obrigatoria para visibilizar ás nosas investigadoras de hoxe e de antano como referentes e modelos para as futuras universitarias.
Cómpre seguir insistindo en destacar as .
En España, só un de cada catro estudantes de primeiro e segundo ciclo de Enxeñería e Arquitectura son mulleres. Isto mesmo está a pasar tamén na UE e no resto do mundo, onde segundo datos da UNESCO, só o 3% dos estudantes de carreiras relacionadas coas tecnoloxías da comunicación son mulleres, e en campos de vangarda, como a intelixencia artificial, só un de cada cinco profesionais é unha muller.
Para a Organización de Mulleres da Confederación Intersindical é un obxectivo prioritario reverter esta situación. Hai que seguir favorecendo a atracción de talento feminino novo e apoiando a carreira profesional das investigadoras.dificultades de promoción en niveis superiores e de liderado en proxectos científicos que se atopan as mulleres que traballan na ciencia e na innovación.
En España, só un de cada catro estudantes de primeiro e segundo ciclo de Enxeñería e Arquitectura son mulleres. Isto mesmo está a pasar tamén na UE e no resto do mundo, onde segundo datos da UNESCO, só o 3% dos estudantes de carreiras relacionadas coas tecnoloxías da comunicación son mulleres, e en campos de vangarda, como a intelixencia artificial, só un de cada cinco profesionais é unha muller.
Para a Organización de Mulleres da Confederación Intersindical é un obxectivo prioritario reverter esta situación. Hai que seguir favorecendo a atracción de talento feminino novo e apoiando a carreira profesional das investigadoras.
Por iso, hoxe insistimos no noso compromiso continuado con todos aqueles programas e proxectos a prol da loita pola igualdade de xénero na ciencia.
A Organización de Mulleres de CI súmase así a contribuír ao fomento das vocacións científicas entre os máis novos e á participación plena e efectiva das mulleres no eido da I+D+i, avanzando así cara a unha ciencia de excelencia, máis igualitaria e de maior calidade.
A innovación científica tamén ten nome de muller