O vindeiro día 17 de maio é o Día das Letras Galegas, que desta volta adícaselle á poeta e música de Monte Alto nada na Coruña, Luísa Villalta. A autora, a intelectual comprometida, que produciu entre outras obras, de “O outro lado da música, a poesía” foi unha das figuras das nosas letras que máis se interesou pola estreita relación entre estas dúas disciplinas que, na nosa cultura, gozan a día de hoxe de inmellorábeis representantes en ambas as dúas e poñen de manifesto que o eido da creación literaria e artística está, como en moitas outras ocasións, na fura de diante: por sensibilidade, por vangarda, por sentido do risco e por brillantez creativa. Mais tamén por compromiso coa lingua propia do país, poñéndolle nome, palabra e músicas ás nosas experiencias do mundo.
“Onde nós nunca pasan os trens
Só chegan ou parten
Por iso tamén somos nós
a nosa última estación
o noso amor definitivo [...]”
Do poema Estación, contido en En concreto (2024)