20 de decembro CONCENTRACIÓNS!!
Alianza Social Galega

DÍA 20 DE DECEMBRO
MOBILÍZATE!!!
A Alianza Social Galega convoca mobilizacións para o vindeiro 20 de decembro en varias localidades do noso país contra as últimas medidas adoptadas polo Goberno de Mariano Rajoy. Entre elas destacan a decisión do Goberno de non revalorizar as pensións, os recortes na sanidade e no ensino públicos e a contrarreforma ideolóxica que representa a LOMCE e Lei de taxas xudiciais. Como parte das reivindicacións tamén estará a esixencia de reformar a normativa hipotecaria para pór fin ao drama dos desafiuzamentos e lograr a dación en pagamento.
A relación de lugares e horas son as seguintes:
- Vilagarcía de Arousa, 20h - Praza de Galicia
- Coruña, 19:30h - Delegación do Goberno
- Burela, 20h - Praza Mariña
- Ferrol, 19.30h - Edificio da Xunta
- Monforte, 19.30 - Praza de España
- Lugo, 20h - Praza Armañá
- Ourense, 19.30 - Subdelegación do Goberno
- Pontevedra, 19.30 - Subdelegación do Goberno
- Santiago, 19.30 - Praza de Galicia
- O Barco, 20h - Praza do Concello
- Vigo, 20h - Museo de Arte Contemporánea
Manifesto en pdf