Adxudicación definitiva
Enlace á información centralizada sobre o proceso na web da Consellería de Educación
Información detallada en orde cronolóxico:
Convocatoria:
07/02/2024: Publicación de solicitudes de participación co baremo actualizado e apertura de reclamacións por correo electrónico do concurso xeral de traslados, e dos concursos específicos de orientación e de adultos para o curso académico 2023/24
A partir de hoxe día 7 de febreiro de 2024 o persoal concursante poderá consultar o baremo do concurso xeral de traslados e dos concursos específicos de orientación e de adultos para o curso académico 2023/24 no menú Listaxes concurso, submenú Listaxe de instancias.
Poderán, así mesmo, formular as reclamacións que coiden oportunas mediante o correo electrónico persoal.primaria@edu.xunta.gal ou persoal.secundaria@edu.xunta.gal segundo o corpo de persoal docente polo que se participa para o que deberá indicar no asunto da mensaxe: “Reclamación CXT”, “Reclamación ORI” ou “Reclamación ADULTOS” segundo corresponda. O prazo para formular reclamacións abranguerá desde o día 07/02/2024 ata o día 14/02/2024, ambos incluídos.
- Adxudicación provisional e persoal excluído do CTE de Orientación de Primaria. Reclamación e renuncias do 16 ao 29 de febreiro.
- Resolución e adxudicación definitivas: Reclamacións mediante recurso de reposición no prazo dun mes dende a súa publicación no DOG