Secretaría da Muller · 25 N

Manifesto 25N

Manifesto 25N

25 novembro 2018 -

Xuntas e combativas contra a violencia patriarcal

Desde a Asemblea de Mulleres do STEG un ano mais temos que conmemorar o 25 de novembro e lembrar ao mundo enteiro que a violencia cara ás mulleres non cesa.Desde que se recollen datos relativos ás mulleres vítimas de terrorismo machista foron asasinadas 950 mulleres. No que vai do ano 2018 foron asasinadas 39 mulleres, sen contabilizar aquelas mulleres asasinadas fóra das relacións de parella, neste caso o número ascende a 77, e é alarmante o crecemento de asasinatos de menores polos seus pais: 8 nenas e 2 nenos coa única intención de facer o maior dano posible á súa parella ou exparella. Estes datos están recollidos con data do 5 de outubro (https://feminicidio.net/).Posiblemente neste momento xa aumentou o número de vítimas, pois o terrorismo machista non cesa e semella non ser o suficientementeimportante na sociedade: nas estatísticas do CIS sobre os principais problemas en España, a violencia cara as mulleres ocupa o posto 18.

Cal é a orixe desta falta de preocupación? A orixe está nunha sociedade patriarcal onde o home, polo simple feito de ser home, nace cuns privilexios que as mulleres non acadaremos sen unha gran loita e unha gran revolución. Aínda é común na sociedade a percepción de que a violencia cara ás mulleres nas relacións de parella é algo privado e que non debemos meternos. Tamén está socialmente instaurada a idea de que a muller pasa a ser “dependente” do marido en canto comezan relacións de parella.

Os estereotipos patriarcais están tan enraizados que ás veces semella imposible que poidan ser erradicados. O único camiño para eliminar a violencia machista é un cambio social onde as mulleres teñamos os mesmos dereitos e sexamos consideradas cidadás de primeira, como os homes. Unha sociedade onde non sexa necesario falar de cotas para que as mulleres asuman postos de responsabilidade nas empresas. Unha sociedade onde non se cuestione continuamente a valía das mulleres e onde non se someta a escrutinio o noso aspecto físico. Unha sociedade onde os roles sexistas desaparezan. Unha sociedade onde a xustiza patriarcal non exista e nos sintamos realmente protexidas. Como van denunciar as mulleres que sofren algunha violencia machista se as persoas que teñen a obriga que protexelas por careceren de formación de xénero as tratan como culpables e non como vítimas?

As mulleres estamos fartas de ser cidadás de segunda, estamos fartas de que non se nos teña en conta e non se nos valore, estamos fartas de estar sempre cuestionadas e continuamente examinadas.

Por iso estamos a tomar as rúas e estámonos facendo oír, estamos a aliarnos porque sabemos que xuntas somos máis fortes. Saímos á rúa o pasado 8 de marzo para demostrar que sen nós o mundo para. Ocupamos as rúas para denunciar a xustiza patriarcal en casos como o “da manada” ou “ Juana Rivas”, estamos vixiantes e denunciamos todos ecada un dos casos de violencia que sufrimosas mulleres. O movemento feminista chegou para cambiaresta sociedade e non desistiremos no nosoempeño ata que o consigamos. Somos mulleres eestamos afeitas a loitar para acadar o nosolugar no mundo e así seguiremos.

Non estamos soas, somos moitas. Non esquezamos ás compa-ñeiras arxentinas que seguen na súa loita porconseguir un abortolibre, seguro e gratuíto, e que conseguiron apoios de mulleres de todasas partes do mundo.Queremos que as violencias machistas sexanconsideradas un problema social importante.Aí é onde as compañeiras xornalistas teñenun papel relevante, dando perspectiva de xé-nero a todas as noticias e denunciando aquelas situacións que vaian contra os dereitosdas mulleres. Mulleres deportistas, xuristas, universitarias… tamén alzan a súa voze denuncian o machismo. Porque é fundamentalfacer ver o problema para darlle solucións econcienciar a sociedade.

É fundamental esixir formación en igualdade nos centros educativospara evitar transmitir estereotipos sexistas,así como unha formación en feminismo paratodas as persoas que interveñen con mulleres vítimas de violencias machistas.

Por iso, desde a Asemblea deMulleres do STEG dicimos alto eforte que: As mulleres xuntas e combativas acabaremos coa violencia patriarcal!!!
 

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza