Secretaría da Muller · Comunicados

Día da visibilidade lésbica

26 de abril

26 de abril DIA INTERNACIONAL DA VISIBILIDADE LÉSBICA

O 26 de abril, como cada ano dende o 2008, conmemórase o Día Internacional da Visibilidade Lésbica en varios países para reclamar a igualdade de dereitos e oportunidades para as persoas lesbianas.

Continúa a haber certas culturas onde as crenzas, os estigmas e prexuízos cara este colectivo seguen existindo e, por esta razón, moitas mulleres teñen que vivir condenadas a esta dobre discriminación, primeiro polo seu xénero e segundo pola súa orientación sexual.

Aínda que nos  últimos anos, diferentes países europeos rexistraron avances en cuestión de leis, seguen a ser moitas as vítimas da lesbofobia. Diferentes estudos amosan que:

  • moitas mulleres lesbianas prefiren non “saír do armario” no seu posto de traballo por medo a sufrir represalias.
  • moitas mulleres que rebelan a súa orientación sexual no traballo aseguran ter tido desvantaxes por iso.
  • unha de cada 10 mulleres lesbianas deixou o seu emprego por problemas derivados da súa orientación sexual.

Por esta razón, hoxe máis que nunca, é fundamental que a educación afectivo-sexual se imparta de xeito xeralizado para educar en diversidade e combater o acoso e a violencia cara este colectivo.

Dende a Asemblea de Mulleres do STEG e a Organización de Mulleres da Confederación Intersindical, unha vez máis, esiximos leis que non dean pasos atrás para acadar unha sociedade máis libre, xusta e igualitaria.

- pdf co comunicado

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza