Secretaría da Muller · Comunicados

30 de Marzo,

30 de Marzo, "Día Internacional das Traballadoras do Fogar"

30 DE MARZO DÍA DAS TRABALLADORAS DO FOGAR

O 30 de marzo conmemórase o Día Internacional das Traballadoras do Fogar, establecido pola ONU en 1988 para visibilizar a discriminación e precariedade laboral que enfronta este sector, maioritariamente composto por mulleres, moitas delas migrantes. Estas traballadoras sofren unha tripla discriminación: por xénero, pola súa orixe e pola súa situación de pobreza.

En España, hai unhas 550.000 traballadoras do fogar, das cales o 95% son mulleres e só o 45% está en situación regular. Unhas 40.000 traballan como internas, con xornadas extenuantes e sen horarios definidos. Ademais, moitas enfrontan violencia e abusos, sen poder denuncialos debido á súa vulnerabilidade.

O traballo doméstico ten raíces na escravitude e a servidume, o que perpetuou a súa infravaloración. É un labor esencial para a sociedade, pois permite o funcionamento dos fogares e a economía, pero segue sen ser plenamente recoñecida.

O traballo doméstico non remunerado e remunerado é central para a “sustentabilidade da vida humana” e para o funcionamento dos fogares, a economía e o conxunto da sociedade. Tradicionalmente recaeu en mans das mulleres, a quen a sociedade responsabiliza de levar adiante as tarefas do fogar e o coidado de todas as persoas, relegando en moitos casos os seus proxectos persoais, entre eles, a posibilidade de acceder ao mercado laboral.

O traballo do fogar é un emprego e, por tanto, debe ser digno. As persoas traballadoras do fogar prestan servizos para o coidado doutras persoas, incluíndo crianzas, adultos maiores ou persoas enfermas, e realizan tarefas que contribúen ao mantemento dos fogares, como a limpeza ou a preparación de alimentos. Isto permite a quen lles contrata cumprir coas súas obrigacións laborais e persoais ou contar con tempo de descanso.  

En 2011, a OIT aprobou un convenio que recoñece os dereitos básicos destas traballadoras, e en España, a Real Decreto-lei 16/2022 mellorou as súas condicións laborais, outorgándolles dereito a paro, indemnización por despedimento e maior protección social. Con todo, aínda se esixe unha mellor regulación do traballo interno, máis descanso, mellores salarios e un recoñecemento profesional axeitado.

Desde unha perspectiva feminista o traballo doméstico libera ás muller de clase media da dobre xornada, pero perpetua a división sexual do traballo e exime aos homes da súa responsabilidade doméstica. Debemos esixir mellores condicións salariais para as traballadoras do fogar, dignificar o seu traballo e defender a necesidade de políticas públicas que socialicen os coidados e minimicen a carga doméstica individual, debemos distribuír equitativamente o traballo doméstico e implementar servizos públicos que garantan o benestar social, sen depender da explotación doutras mulleres con menos recursos.

Asemblea de mulleres do STEG

Organización de Mulleres da Confederación Intersindical

 

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza