Secretaría da Muller · Comunicados

5 de Outubro

5 de Outubro "Día das Docentes"

O 5 de outubro celébrase o Día Mundial das e os docentes, unha xornada dedicada a recoñecer a súa importancia.

Nun mundo en constante evolución, onde a igualdade de xénero e a educación son piares fundamentais para o progreso social é importante recoñecer a gran tarefa das persoas docentes que, coa súa dedicación e paixón, contribúen a formar as futuras xeracións.

A educación é unha ferramenta poderosa para a transformación social.

As docentes non só ensinan materias académicas, senón que tamén inspiran ao alumnado para soñar en grande, a desenvolver o seu espírito crítico e a construír un mundo máis xusto. A súa influencia vai máis aló das aulas; son modelos a seguir que demostran que calquera persoa tanto se é home como muller pode ocupar calquera espazo, xa sexa na ciencia, a arte, a política ou calquera outro ámbito.

Queremos facer un chamamento á sociedade para avaliar e valorar a importancia do traballo docente, especialmente o das mulleres, que a miúdo se ve minimizado.

É esencial recoñecer o seu esforzo e dedicación, aínda hoxe en día dentro do mundo laboral docente atopamos máis mulleres dentro da etapa de infantil e primaria que nas Universidades, estas porcentaxes van baixando así como imos subindo as etapas educativas (98.6% de mulleres a infantil, 36.8% na Universidade segundo o informe do INE)

As mestras e profesoras non só transmiten coñecementos, senón que tamén son axentes de cambio e modelo para moitas nenas xa que transmiten os valores de igualdade, respecto e empoderamento.

Nun contexto onde as voces femininas foron historicamente silenciadas, elas foron pioneiras na loita por unha educación inclusiva e equitativa, rompendo estereotipos e abrindo camiños para as nenas e mulleres do futuro.

A todas as docentes: grazas pola vosa dedicación incansable, pola vosa valentía e por ser un exemplo de compromiso coa igualdade. O voso traballo é fundamental para construír un futuro máis igualitario e xusto para todo o mundo.

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza