Desde o STEG queremos dirixirnos a vós para agradecer o voso compromiso pola xornada de folga do pasado 28 de abril, que foi sen dúbida un éxito. A vosa implicación, o voso esforzo e o voso compromiso coa defensa do ensino público galego evidencian que estamos ante un profesorado consciente, organizado e decidido a loitar polos seus dereitos e pola calidade educativa.
Neste contexto, queremos animarvos a dar un novo paso adiante participando nas MOBILIZACIÓNS CONVOCADAS PARA O VINDEIRO DÍA 6 DE MAIO POLA TARDE , que terán lugar simultaneamente en máis de vinte vilas e cidades galegas.
Estas mobilizacións están a ser organizadas de maneira coordinada en colaboración con distintas federacións de ANPAS, sindicatos estudantís e diversas entidades educativas, e buscan visibilizar a unidade de toda a comunidade educativa, e non so do profesorado .
Desde o STEG convidámosvos a imprimir o seguinte CARTAZ e colgalo nos vosos casilleiros, nos taboleiros dos vosos centros, socializándoo con toda a comunidade educativa, para sumar forzas nas manifestacións do 6 de maio.
Cada presenza conta. Cada voz suma. E xuntas somos máis fortes.
Grazas, unha vez máis, polo voso compromiso.
Horario das sedes:
10.00h-14:00h (Atención presencial e con cita previa)
16.00h-19:00h (Atención telefónica e con cita previa)
R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal
Ver en Google Maps