7 de novembro, a Madrid
STEG participará na marcha estatal contra a violencia machista
Este foi un verán especialmente sanguento para as mulleres(podes mirar as cifras asasinatos de mulleres en feminicidio.net ) E a pesar das peticións das asociacións feministas non é tratado como unha cuestión de Estado, de nación, algo que debería ser o centro dos debates e unha prioridade nas axendas políticas.
Por iso seguimos como sempre en alerta e o 7 de novembro de 2015, ás 12 horas, mulleres e colectivos feministas marcharán xuntas a Madrid para esixir que a loita contra as violencias machistas sexa unha cuestión de Estado. Tamén farán actos en todas as cidades. Se queres máis información feminismo.eu/pfg
Desde a Plataforma Feminista Galega convídannos a sumarnos a esta marcha, xa que a erradicación das violencias machistas e das violencias cara ás mulleres é unha cuestión que alcanza a toda a sociedade. O STEG quere sumarse a esta MARCHA ESTATAL CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS e convidar a toda a afiliación a acudir a Madrid.
Manifestámonos contra os feminicidios, a violencia e o acoso sexual, a trata de mulleres, a violencia económica e simbólica, etc. Nen un feminicidio máis! Abonda de violencias machistas e de inacción por parte da xustiza e dos gobernos!
Se queres participar na marcha do 7N co STEG escribe un correo a stegmuller@steg.gal para poder organizarmos a viaxe.