Secretaría da Muller · 8 de Marzo

 Manifesto do 8 de marzo de 2023

Manifesto do 8 de marzo de 2023

8 de marzo de 2023 -

MANIFESTO 8M 2023

PARA CREAR IGUALDADE, ELIXE FEMINISMO

Arte e feminismo para transformar a realidade, para transformar o mundo que nos rodea. Nun mundo patriarcal, que invisibilizou e ignorou á metade da poboación, as mulleres entraron en espazos prohibidos para elas durante séculos como autoras que realizaron grandes achegas. A artista multidisciplinar Suzanne Lacy declarou que "o obxectivo da arte feminista é influír nas actitudes culturais e transformar estereotipos" Pois que mellor xeito de transgredir o machismo e a misoxinia que a través dun traballo artístico e a reivindicación da autoría? A arte como xeradora de igualdade e ferramenta para construír espazos diversos, dende o persoal ata o político.

A arte como a arxila que modela, dentro dun mundo patriarcal, co poder das imaxes que nos interpelan, ao igual que ocorre co movemento feminista. Activismo para reflexionar sobre o feminismo, desmenuzar o termo, dar a coñecer a súa orixe, a súa historia, entender a súa mensaxe... activismo para que as loitas feministas non se dilúan, esforzándonos por cambiar esa idea abstracta de muller por mulleres reais. Cada unha de nosoutras somos unha realidade con aspectos comúns pero diferentes entre si, unha realidade concreta e transformadora do mundo que nos rodea.

A loita das mulleres continúa dende moitas perspectivas. Seguimos saíndo ás rúas, arte na rúa,  berrando, como un grafiti xigante, que estamos FARTAS. A nosa arte é cinética, arte en movemento contra o patriarcado, unha performance constante para construír outra realidade.

Porque as mulleres sofren máis desemprego que os homes a nivel estatal  (o 53% das persoas paradas son mulleres, segundo a EPA); as mulleres dedícanse máis aos coidados que os homes e isto inflúe na súa vida laboral e na súa vida persoal, a conciliación non existe; traballos peor remunerados cunha fenda salarial que se dispara a partir dos 36 anos con peores contratos laborais, con peores pensións, traballos feminizados con soldos de miseria.

Desigualdade nos reitorados universitarios (de 50 universidades públicas só 11 son reitoras) e segue a resultarnos difícil acceder aos postos de dirección, teito de cristal, chan pegañento.

Incremento das agresións sexuais e das violacións grupais, asasinatos machistas, que non só non cesan, senón que aumentan. A maioría das mulleres non teñen acceso ao aborto nos centros públicos de España.

Pobreza e familias monomarentais, pobreza e mulleres racializadas, rede global de coidados de mulleres sempre máis pobres,  sempre con menos dereitos.

Delitos de odio contra quen sae da norma heteropatriarcal, contra os corpos diversos.

En Afganistán as nenas non poden estudar, a discriminación é legal en demasiados países; a guerra de Ucraína vólvenos a botar á cara o uso dos corpos das mulleres como arma de guerra, campo de probas para a trata internacional de mulleres como escravas sexuais.

O acceso á educación, o traballo infantil,  os matrimonios forzados, a ablación, dependendo de onde nazas, o collage pode ser aterrador. Os datos parecen esculpidos, gravados en pedra. Por iso temos que esbozar, cambiar o soporte e os materiais das nosas instalacións. Se non somos quen de imaxinar outras realidades, como poderemos facelas posibles?

Dende a Organización de Mulleres da Confederación Intersindical animamos a todas as persoas a continuar con esta loita, a pesar da impotencia e a furia que nos xeran as novas, a discriminación, a pesares dos comportamentos machistas que temos que aguantar na nosa vida cotiá, e que fan que manter os nosos ideais sexa unha tarefa ardua e esgotadora por momentos. De novo, outro 8M estaremos nas rúas, fortes e decididas a transformar e crear igualdade porque eliximos o feminismo como xeito de vida. E farémolo por nosoutras, polas que veñen e polas que non están, tecendo as nosas redes para crear igualdade.

Dende a Organización de Mulleres queremos renderlle a nosa pequena homenaxe á recentemente falecida Dorothy Pitman Hugnes, pioneira feminista e muller racializada que participou no seu activismo polos dereitos das mulleres xunto a Gloria Steinem.

"Non é a maxia a que fai de ti o que es. Son as decisións que tomas".

Dorothy Pitman Hugnes.

 

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza