Secretaría da Muller · 8 de Marzo

Manifesto do 8 de Marzo 2019

Manifesto do 8 de Marzo 2019

8 de marzo de 2019 -

"POR UN FEMINISMO DE CLASE, TRANSFORMADOR E COMBATIVO"
 
O STEG dende sempre se caracterizou pola súa loita a prol da igualdade de xénero en tódolos ámbitos, especialmente no ámbito educativo. Xa hai dous anos que vimos convocando a folga 8m para dar cobertura legal ás mulleres que a quixeran secundar. No ano 2017 a Confederación Intersindical, da cal o STEG forma parte, foi pioneira no paro, convocándoo en exclusiva. No 2018 o seguimento da folga tivo un éxito sen precedentes a nivel nacional e internacional.

Neste 2019 queremos dar de novo un apoio total ao Movemento Feminista, e convocar a folga xeral de 24 horas para o vindeiro 8M co fin de dar cobertura legal a todas. Estamos seguras de que sobrepasará o seguimento acadado na anterior convocatoria. Esta folga terá carácter xeral a nivel de consumo, coidados, estudiantil e laboral, polo que dará cobertura a tódolos sectores da sociedade.

Tras analizar o papel da muller no entorno laboral e social actual, somos conscientes de que esta mobilización é mais que necesaria e xustificada; é o noso día!, é a nosa folga!, polo que dende o STEG secundamos esta folga de 24 horas, coa finalidade de dar apoio legal a todas as persoas traballadoras que decidan secundala. O paro iniciarase o 8 de marzo ás 00:00 e rematará ás 24 horas desa mesma xornada.

Máis a esta folga nos empuxan os seguintes motivos:

a) A mellora das condicións laborais das mulleres e a fin da desigualdade laboral mediante a cosecución da supresión da brecha salarial.
Ao fio do anterior, engadir que a igualdade efectiva e real tal como versa o Artigo 1.1. da Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes: as mulleres e os homes son iguais en dignidad humana, e en dereitos e deberes. Esta lei ten por obxecto facer efectivo o dereito de igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e hombres, en particular mediante a eliminación da discriminación da muller, sexa cal sexa a súa circunstancia ou condición, en calquera dos ámbitos da vida e, singularmente, nas esferas política, civil, laboral, económica, social e cultural para, no desenvolvemento dos artigos 9.2 e 14 da Constitución, acadar unha sociedade máis democrática, máis xusta e máis solidaria”.

b) A promoción da conciliación da vida familiar e persoal, favorecendo a flexibilidade para a formación e os horarios tendente a promoción profesional das persoas que exercesen os seu dereitos á conciliación da vida laboral e familiar.

c) A loita efectiva contra a situación de acoso sexual no ámbito laboral, a precariedade laboral e a alta taxa de contratos a xornadas parciais e de corta duración.

d) Esixir a elaboración e aplicación dos plans de igualdade. Conforme dispón o artigo 45 da Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, as empresas están obrigadas a respectar a igualdade de trato e de oportunidades no ámbito laboral e, con esta finalidade, deberán adoptar medidas dirixidas a evitar calquera tipo de discriminación laboral entre mulleres e homes, medidas que deberán negociar, e no seu caso acordar, traballadoras cós representantes legais das persoas na forma legalmente establecida.
A este respecto, xa referido ao ámbito educativo demandamos a supresión dos concertos aos centros que segreguen por sexos, a formación do profesorado en materia de xénero, curriculums que inclúan ás mulleres invisibilizadas e que eduquen contra a violencia machista, coordinación en igualdade e protocolos de actuación contra as violencias machistas nos centros educativos, o desevolvemento de plans de igualdade, bibliotecas igualitarias, a área de coeducación como obrigatoria e impartida por profesorado especializado.

e) Así mesmo, esíxese ao goberno autonómico e estatal que desenvolva e acade cós grupos da oposición, colectivos feministas e axentes sociais, un pacto de Estado contra as violencias machistas.
 
Dende o STEG animamos a todas as mulleres de todos os estados que se sumen a esta folga, alcen as súas voces contra o machismo e o patriarcado, para que coa forza da nosa unión fagamos tremer os piares sobre os que se asentan.
 
Asemblea de Mulleres do STEG
Organización de Mujeres de la Confederación Intersindical

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza