STEG ó día · Campañas · Solidariedade STEG

Á Asociación Ponte Solidario

Á Asociación Ponte Solidario

0,7% Solidario 2016

O sindicato de Ensino STEG cede por unanimidade o 0,7% do seu orzamento anual do pasado ano ao movemento social Ponte Solidario.

A Asociación Ponte Solidario de Ponteareas trátase dun movemento social que loita contra as desigualdades, contra a exclusión social e polo empoderamento das persoas máis vulnerables.

Cun modelo totalmente asembleario, donde as persoas usuarias son as que deciden e as que fan realidade todas as actividades; loita contra o capitalismo neoliberal ao que estamos sometidas, a favor do empoderamento individual cunha perspectiva de ben común e cooperativista, pola laicidade do Estado, a aplicación da solidariedade e non da caridade
(benefciencia e asistencialismo) e sempre a prol dos servizos públicos de calidade e de todas.

En concreto, Ponte Solidario, traballa con persoas con problemas económicos severos, aportando alimentos, roupa, clases de apoio, obradoiros de produtos reciclados, asesoramento xurídico, igualdade, temas de violencia machista e na educación informal con adolescentes. Ademais, o movemento social é auto-organizado, contando cun traballo 100 por 100 altruísta e que non recibe ningunha subvención pública. Ademais ten unha política de transparencia onde mostra as súas contas dunha forma moi clara.

Traballa a nivel local, aínda que sempre cunha perspectiva global e de loitas compartidas (Marchas da Dignidade, PAH, Círculo Feminista, Movementos ecoloxistas, culturais...)

Como xa vén sendo práctica habitual deste sindicato, todos os anos se busca unha organización, preferentemente galega, que desenvolva un traballo permanente, serio e riguroso, relacionado co mundo educativo, coa infancia, co desenvolvemento das capacidades e potencialidades sociais e humanas das persoas en xeral, e que manteña a súa independencia e autonomía a respecto das demais instancias sociais e políticas.

Tamén se procura que sexa un organismo que presente un funcionamento claramente democrático, que teña en conta aos seus asociados nun proceso de toma de decisións o máis consensuado posible. Velaquí os valores que o STEG tamén practica e defende.

 

Secretariado Nacional do STEG / Asociación Ponte Solidario

 

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza