0,7% Solidario 2016
O sindicato de Ensino STEG cede por unanimidade o 0,7% do seu orzamento anual do pasado ano ao movemento social Ponte Solidario.
A Asociación Ponte Solidario de Ponteareas trátase dun movemento social que loita contra as desigualdades, contra a exclusión social e polo empoderamento das persoas máis vulnerables.
Cun modelo totalmente asembleario, donde as persoas usuarias son as que deciden e as que fan realidade todas as actividades; loita contra o capitalismo neoliberal ao que estamos sometidas, a favor do empoderamento individual cunha perspectiva de ben común e cooperativista, pola laicidade do Estado, a aplicación da solidariedade e non da caridade
(benefciencia e asistencialismo) e sempre a prol dos servizos públicos de calidade e de todas.
En concreto, Ponte Solidario, traballa con persoas con problemas económicos severos, aportando alimentos, roupa, clases de apoio, obradoiros de produtos reciclados, asesoramento xurídico, igualdade, temas de violencia machista e na educación informal con adolescentes. Ademais, o movemento social é auto-organizado, contando cun traballo 100 por 100 altruísta e que non recibe ningunha subvención pública. Ademais ten unha política de transparencia onde mostra as súas contas dunha forma moi clara.
Traballa a nivel local, aínda que sempre cunha perspectiva global e de loitas compartidas (Marchas da Dignidade, PAH, Círculo Feminista, Movementos ecoloxistas, culturais...)