Profesorado · Mesa sectorial

A Consellaría acepta a proposta do STEG e retira a posibilidade de acreditación do nivel de linguas estranxeiras sen a superación dunha proba do MERL

Mesa do 3 de febreiro de 2011

A Consellaría acepta a proposta do STEG e retira a posibilidade de acreditación do nivel de linguas estranxeiras sen a superación dunha proba do MERL

Xa na mesa do 18 de xuño na que se negociou a orde que regula os centros plurilingües, desde o STEG denunciamos que se estaba a vender fume ás familias porque a Consellaría non contaba co profesorado coa formación acaída para levar adiante os contidos da orde. Por esta razón, a Consellaría esixiu un nivel B2 para impartir contidos non curriculares nunha lingua estranxeira, nivel inferior ao recollido na Comisión Europea de Multilingüismo,na que se fala de profesorado cun alto grado de fluidez, bilingüe ou nativo.

Para abordar este carencia de profesorado cualificado, no borrador da Orde de acreditación que se negociou hoxe na Mesa, a Administración permitía a acreditación do nivel B2 coa superación dun curso, organizado pola Consellaría, e sen pasar polas probas oficiais das EOIs ou doutros organismos recoñecidos no Marco Europeo de Referencia das Linguas. De ir adiante isto estaríamos ante unha fraude e unha irresponsabilidade coa educación do noso alumnado, polo que desde o STEG demandamos a retirada desta orde ou a inclusión nela da obriga de superar un exame oficial, máis alá das probas dos cursos organizados pola propia Consellaría, o que finalmente aceptou a Admon. O STEG felicítase por ter conseguido paralizar a intención da Consellaría e agradece o apoio das demais forzas sindicais neste punto.

A Consellaría, reduce ata case a extinción, o programa de estadías no estranxeiro para a formación en linguas do profesorado

De 250 prazas de estadías noutros países o curso pasado, ofértanse neste 33

A aposta da Consellaría pola formación do profesorado en linguas estranxeiras demostra que o seu discurso sobre a formación do alumnado en linguas é unha falsidade. A Consellaría gábase dun programa de seccións bilingües e centros plurilingües ao mesmo tempo que diminúe a posibilidade da formación do profesorado ao reducir as prazas de formación no estranxeiro.

O curso pasado ofertáronse 285 prazas das cales 35 eran a realizar en España. Este ano invértense as tornas e das 180 prazas ofertas, 147 desenvolveranse en España. As estadías reais no estranxeiro redúcense, xa que logo, de 250 a 33.

Desde o STEG denunciamos tamén que a Consellaría contemple a posibilidade de conceder comisións de servizo para que o profesorado que imparta docencia nunha lingua estranxeira poda realizar o seu labor nun centro distinto do seu de destino. Consideramos que esta medida, ademais de xerar conflitos entre o profesorado supón, por parte da Consellaría, unha mostra de iniquidade cara ao alumnado, xa que está a privar inxustificadamente a un alumnado do que considera desexable para outro, concentrando os recursos, previsiblemente, nun número reducido de centros.

Documento en pdf

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza