Manifestación en Vigo, o venres 28, convocada pola MMM na Galiza
O vindeiro venres, día 28, e baixo o lema "A débeda dos gobernos é coas mulleres, non cos bancos. Marchamos por unha vida digna e sostíbel" a Marcha Mundial das mulleres na Galiza convoca a unha manifestación na Praza Farola Urzáiz de Vigo ás 20:00 horas a todas aquelas persoas que poidan achegarse.