AVISO IMPORTANTE DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DE EDUCACIÓN
Vacinación contra a COVID-19
A Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación informou na mañá de hoxe martes 30 de marzo a Secretaría de Organización do STEG en conversa telefónica da previsión que se manexa en relación á vacinación do persoal docente e non docente de entre 55 e 65 anos dos centros públicos de ensino.
Así, trasladóuselle ao STEG que a vacinación das persoas correspondentes a esta franxa de idade pendentes de vacinación (arredor dunhas 10.000 persoas) serán chamadas durante estes días -e por orde alfabética- sen agardar á volta das vacacións de Semana Santa, logo de acordalo así coa Dirección Xeral de Saúde Pública, no camiño de avanzar canto antes na vacinación do maior número de persoas.
O STEG traslada esta información, no camiño de que poida ser de interese para as persoas nesta situación e favorecer a campaña de vacinación.