Relación def de admitidas e excluídas e o baremo def das listas de 590107, 591227 e 591228
A Consellería vén de publicar na súa web onte xoves a Resolución do 4 de abril de 2019 da Direc ción Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidadeinformática (590107) e no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidades de sistemas e aplicacións informáticas (591227) e soldadura (591228). Contra esta resolución, que lle pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no citado portal.