(asinado pola Consellaría de Educación e as organizacións sindicais ANPE, CCOO, CSI-CSIF e UGT, o 20 de xullo de 1995)
Primeiro.
A orde de acceso a función pública docente será a seguinte:
1. Profesorado que supere os procedementos selectivos de ingreso e acceso aos corpos docentes, pola orde obtida no concurso-oposición.
2. Profesorado interino, pola mesma orde na que elixiron no curso 1994/1995. Para estes efectos, o profesorado que estivo como funcionario en prácticas no curso 1993/1994 e que pasou á situación de interino en execución da sentenza do Tribunal Supremo de 6 de marzo de 1995, intercalarase na relación de interinos en función da data de acceso ao primeiro posto de traballo docente.
3. Profesorado que realizou substitucións pola orde de acceso ás mesmas sempre que non renunciasen a unha substitución que se lles tivera ofertado.
Decaerá dos seus dereitos e será excluído das listas o profesorado interino ou substituto que non se presente aos procesos selectivos de acceso e ingreso aos corpos correspondentes, agás non que non se convoque a especialidade que está a impartir ou outras causas xustificadas, libremente apreciadas polas partes asinantes deste acordo.
4. Participantes nos procedementos selectivos convocados pola consellaría, que non estean incluídos nas listas dos aspirantes que superaron o procedemento selectivo, sempre que posúan a titulación correspondente.
Este colectivo, ordenarase, a efectos de prioridade na elección de especialidades e dentro de cada especialidade por bloques, de acordo co número de exercicios superados; dentro destes bloques, pola puntuación resultante da fase de concurso oposición unha vez realizada a ponderación prevista no R.D. 850/1993 de 4 de xuño.
Para cubrir as prazas de Ed. Primaria ou, no seu caso, outras prazas sen perfil, elaborarase unha lista xeral pola mesma orde establecida no parágrafo anterior.
Segundo.
O colectivo citado no paragrafo 4 do apartado primeiro renovarase cada ano que se celebren oposicións, tendo en conta que o persoal que chegase a prestar servizos, quedará integrado no apartado 2 ou 3, segundo corresponda.
Terceiro.
1. Solicitantes de interinidades ou substitucións, pola orde que figuran nas listas correspondentes, que non chegaron a prestar servizos.
2. Se finalizadas as relacións das persoas mencionadas nos apartados anteriores, continuase resultando necesario cubrir necesidades de profesorado