Actos de protesta o día 2 de outubro
Pola integración das EEAASS na Universidade
Pola integración das EEAASS na universidade
O STEG apoia un acto de protesta no que se reivindica que as EEAASS pasen a formar parte das universidades.
Recentemente o Tribunal Supremo resolveu que as titulacións que ofrecen os centros superiores de ensinanzas artísticas perdan a súa condición de título de Grao, sen que a día de hoxe as autoridades educativas teñan dado resposta a un problema tan grave.
Diante desa situación, a Plataforma Galega pola Integración das Ensinanzas Artísticas Superiores no Sistema Universitario Galego reclama das administracións educativas unha solución inmediata e razoable a un problema que afecta ao estatuto das ensinanzas e aos lexítimos dereitos de docentes, discentes e persoal de administracións e servizos dos centros que as imparten.
Neste acto se vai reclamar das forzas políticas e do goberno que se constitúa en función dos resultados das eleccións que se van celebrar o día 21 de outubro, unha solución inmediata ás lexítimas demandas desta Plataforma.
O acto de protesta realizarase o día 2 de outubro en tres centros de Pontevedra e nun centro da Coruña.
Durante o acto lerase un manifesto que podes atopar
aquí