INTERCAMBIOS PROVISIONAIS DE PRAZAS CURSO 18-19
A Consellería informou na súa web de que o persoal docente que teña xa destino para o próximo curso 2018/2019 e que desexe intercambiar o seu posto de destino pode solicitar a súa inclusión na Bolsa de intercambios provisionais cubrindo todos os datos que se recollen no formulario cuxo enlace figura nesta páxina.
É importante que recorden que a presentación das solicitudes será desde o día seguinte da publicación na páxina web da consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da adxudicación definitiva de destinos provisionais e ata o día 17 de setembro e presentaranse obrigatoriamente por sede electrónica tal e como se establece nos artigos 3 e 4 da dita orde.
Orde do 17 de xuño (DOG do 30 de xuño) pola que se regulan os intercambios provisionais de prazas.
Dirección de correo electrónico: intercambios.secundaria@edu.xunta.es