Profesorado · Profesorado interino · Lexislación específica

Addenda 2002

(asinado pola Consellaría de Educación e as organizacións sindicais ANPE, CCOO, CSI-CSIF e UGT, o 30 de setembro de 2002)

O vinte de xuño de mil novecentos noventa e cinco, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as organizacións sindicais ANPE, CC.OO, CSI-CSIF e FETE.UGT asinaron un Acordo sobre o acceso á Función Pública Docente en calidade de profesor interino ou substituto, no que o profesorado que realizou interinidades e substitucións ten prioridade para ser novamente nomeado sempre que non renunciase a unha interinidade ou substitución que se lles tivese ofertado.

Reunida a Comisión de Seguimento, a instancia das organizacións sindicais asinantes, e resultando necesario puntualizar algúns apartados en canto ás circunstancias actuais do profesorado, engádese a seguinte ADDENDA ó Acordo do vinte de xuño de mil novecentos noventa e cinco:

Apartado primeiro.3.1: O profesorado que prestou servicios como interino e pase a realizar substitucións, así como o que unicamente fixo substitucións, poderá optar por non realizar substitucións, sempre que alegue e xustifique que ten un contrato de traballo ou presta servicios noutro posto do sector público.

Apartado primeiro. 3.2: A opción prevista no parágrafo anterior poderá realizarse por un período máximo de tres cursos académicos consecutivos e por un período mínimo de un curso académico ou ata remata-lo curso académico en que se efectúa.

Apartado primeiro.3.3.- O establecido nos parágrafos anteriores manterase vixente para aqueles profesores ós que se lles ofertase inicialmente unha substitución, aínda que posteriormente tivesen posibilidade de acceder a unha interinidade.

Apartado primeiro.3.4.- Os profesores interinos e substitutos terán dereito a non aceptar as substitucións ou interinidades que se lles ofrezan, por un período máximo de tres cursos académicos e por un período mínimo de un curso académico, por atende-lo coidado dun fillo menor de tres anos, tanto cando o sexa por natureza como por adopción ou acollemento permanente ou preadoptivo; do mesmo dereito se disfrutará para atende-lo coidado dun familiar que teña ó seu cargo, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, e que, por razóns de idade, accidente ou enfermidade, non poida valerse por si mesmo, e non desempeñe actividade retribuída.

Apartado primeiro. 3.5.- O profesorado ó que fai alusión o apartado primeiro. 3.4 poderá optar, voluntariamente, durante os períodos máximo e mínimo previstos no mesmo, por realizar substitucións nunha ou varias zonas educativas.

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza