Escola pública · ESCOLA LAICA · Artigos de Opinión do STEG

Admitido o recurso do STEG contra a asignatura de Sociedade, cultura e relixión

LOCE

O Tribunal Supremo admitiu a trámite o recurso presentado en setembro de 2003 pola Confederación de STEs-intersindical, da que o STEG forma parte, contra os decretos 830/2003, 831/2003 e 832/2003, todos eles de 27 de xuño, en relación cos preceptos que regulan a área de Sociedade, Cultura e Relixión, sen prexuízo de estender a impugnación a outros preceptos de ditos reais decretos, segundo se concretará no escrito de demanda.

Desde o STEG sempre defendemos unha escola pública e laica na que a relixión non forme parte do currículo. A chegada da LOCE virá, pois, a empeorar unha situación que xa de por si non compartíamos: o gabinete da ministra Pilar Del Castillo atendeu todas e cada unha das "suxestións" dos bispos e as patronais, xa que difícil era chegar mais lonxe con unha asignatura de relixión que agora será avaliable e cunha artificial división en dous compartimentos, confesional - aconfesional, este último cuns currículos que por momentos rozan o aberrante, como nun apartado en cuxo epígrafe se funde o ateísmo cos movementos totalitarios e o holocausto.

A Confederación de STEs-i emprende unha campaña, individual e conxuntamente con outras organizacións, para explicar o que ao noso modo de ver é unha medida que atenta contra a Constitución, e que contribuirá a que o sistema educativo do Estado español se alonxe, un pouco mais, do modelo laico e científico que propugnamos.

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza