STEG ó día · STEG opina

23-10-2014

Amputación de recursos e falta de previsión por parte da Consellaría

Atención ao alumnado con necesidades por profesionais de PT e AL

STEG reclama unha rápida solución para as listas da especialidade de Audición e Linguaxe, así como unha maior previsión por parte da Consellería á hora de configurar listas de substitucións.

 

A amputación que afecta ao sistema público de ensino en Galicia avanza neste comezo de curso 2014/2015. Unha nova intervención cirúrxica levada a cabo dende a Consellería de Educación que perxudica fundamentalmente ao alumnado e as familias do ensino público.

 

 

A situación extrema e mediática vivida no IES Vilar Ponte debe ser considerada como o que é: a punto do icerberg dun masivo recorte de profesorado en todos os centros públicos galegos, que se ve agravado ademais pola practicamente nula taxa de reposición de docentes.

 

 

Na provincia de Ourense hai casos graves, como o que se vive no CEIP Padrenda/Crespos e no CEIP Curros Enríquez de Celanova, onde levan máis de 20 días sen especialista de Audición e Linguaxe, que comparten entre os dous centros. No caso do CEIP Curros Enríquez, agrándase o problema xa que no día de hoxe, 22 de outubro, tamén causa baixa o outro especialista de AL. Tamén no CEIP Padrenda/Crespos teñen os seus problemas, pois hai que atender alumnado con TEA (Transtorno do Espectro Autista) e Síndrome de Down sen a especialista que debería estar traballando con eles durante 2 días á semana. Un traballo ao que habería que sumar o do alumnado con trastornos da articulación e do ritmo que, evidentemente, tamén deben ser tratados por especialistas en Audición e Linguaxe.

 

 

Débese ter en conta que o alumnado con trastornos na linguaxe debe ser tratado o máis rápidamente posible, xa que as probabilidades de mellora minguan canto maior é a idade do alumnado. E eses tratamentos deben ser implementados por persoas experimentadas, das que na actualidade, por decisión irresponsable da Consellería, carecen en calquera dos dous centros educativos.

 

 

En definitiva, STEG demanda da Consellería unha rápida solución á falta de docentes da especialidade de Audición e Linguaxe que atendan a todo alumnado que así o necesite. E, ademais, reclama que teña a previsión suficiente como para convocar as prazas necesarias de todas as especialidades, incluídas as de Audición e Linguaxe, nunha oferta de emprego público que dea resposta real ás necesidades que teñen hoxe en día os centros educativos de todo o país.
 
Secretariado Nacional do STEG
22 de outubro de 2014

 


Un día despois da denuncia pública de STEG, a Consellería repón a especialista de AL no CPI de Padrenda/Crespos e CEIP Curros Enríquez de Celanova

 

 

Se no día de onte denunciabamos públicamente a desidia da Consellería á hora de cubrir prazas de profesorado de Audición e Linguaxe nos centros CPI de Padrenda/Crespos e no CEIP Curros Enríquez de Celanova, hoxe erguémonos coa boa nova de que repuxeron, por fin e despois de 21 días de espera, á especialista de AL.

 

 

 

Dende STEG somos conscientes de que a apertura dunha nova lista de substitutas/os é un procedemento lento e require tempo, pero non por iso podemos deixar de reclamar:

   

 

 

    a) que a Consellería prevea coa suficiente antelación o persoal que vai a necesitar nos seus centros educativos. Un exemplo claro desta improvisación é que na oferta pública de emprego de 2014 que tivo lugar no mes de xullo, non se ofertaron prazas de especialistas en Audición e Linguaxe. En setembro, tan só dous meses despois desa OPE, non queda dispoñible profesorado desta especialidade e a Consellería vese na obriga de iniciar un procedemento administrativo laborioso como é unha apertura de listas de substitución.

 

 

    b) que se atenda ás necesidades dos centros de forma inmediata. Despois de 21 días de espera, e de ver como sí se cubrían outras vacantes da mesma especialidade noutros centros (como o EEI Fernández Varela de A Pobra do Caramiñal ou o CEIP A Canicouva de Vigo, ambos especialistas chamados o día 17 de outubro), a Consellería reacciona xusto cando a noticia chega á opinión pública.

 

 

STEG dase por satisfeita na primeira das súas reclamacións de onte, porque finalmente o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo dos centros CPI de Padrenda/Crespos e CEIP Curros Enríquez de Celanova vai a ser atendido por persoal cualificado. No entanto, agardamos que a Consellería tome nota e durante o ano 2015 saque unha oferta pública de emprego ampla e da maioría de especialides, de forma que se cubran todas as necesidades que se demandan dende os centros educativos galegos.
 
Secretariado Nacional do STEG
23 de outubro de 2014

 

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza