O seu obxectivo é a visualización, análise e crítica das mensaxes publicitarias. Técnicas de persuasión e publicidade enganosa.
O alumnado selecciona anuncios impresos, televisados e radiofónicos, de valados… nos que se transmitan mensaxes falsas ou pouco claros, así como exemplos de publicidade subliminar, con connotacións sexistas, de incitación ao consumismo.
O resultado destas actividades dáse a coñecer ao resto do alumnado a través dos medios de comunicación do centro ou dunha exposición pública.
Coñecidos os recursos e ferramentas da publicidade, tamén pode desenvolverse unha campaña publicitaria completa sobre un produto ou servizo que suscite o interese do alumnado: elaboración de anuncios impresos e/ou radiofónicos, así como o anuncio televisivo, o valo publicitario, o cartel anunciador, a publicidade por correo, o anuncio por palabras e, no seu caso, o envase.
Análise sobre distintas campañas de publicidade: enlace.