STEG ó día · Campañas · SAÚDE LABORAL

Ante a crise, loita, agora ou nunca: Defende os teus dereitos laborais, conserva a túa saúde

28 Abril 2013- Día da Seguridade e Saúde Laboral

ANTE A CRISE, LOITA , AGORA OU NUNCA:
DEFENDE OS TEUS DEREITOS LABORAIS, CONSERVA A TÚA SAÚDE

Levamos uns anos nos que os ataques indiscriminados ás condicións laborais das persoas traballadoras, que tantos anos, séculos, nos custou conseguir, son continuos, por parte da Patroal e os Estados europeos baixo o suposto dunha reforma necesaria para mellorar a sociedade.

Do Estado de Benestar dos anos 80 pasouse a un Estado dunha Economía de supervivencia, toca vivir nunhas condicións necesarias, segundo eles para saír da crise, léase: non ter seguridade social en moitos casos, ter un salario paupérrimo co que dificilmente se pode vivir, non formar ás persoas traballadoras en formación e cualificación porque iso non é imprescindible para ter un traballo seguro e eficaz, non dar traballo ás persoas maiores de 55 anos porque hai que alongar a xubilación, pero elas non serven porque xa son vellas para os nosos sistemas de produción e poden coller moitas baixas, non contratar as mulleres porque teñen que coidar das súas familias e ter fillos, non contratar ás inmigrantes porque nos sobran agora que hai paro e estórbannos, etcétera.

Todas lles sobran, e a solución é un exército de reserva de persoas escravas que traballan por pouco diñeiro, coas mínimas condicións de seguridade e saúde laboral, sen seguros sociais, coas menores coberturas médicas.

Así, reforma tras reforma vanse desmantelando, paulatinamente, os Servizos Públicos coa correspondente diminución das condicións laborais e de seguridade nos distintos sectores: Educación, Sanidade, Servizos Sociais, Transporte e outros moitos máis, e só nos facemos cargo dos negocios privados como a Banca que quebra por unha mala xestión dos seus directivos, que cobran por isto indemnizacións supermillonarias. Esa diminución de fondos presupostados para a Prevención no noso traballo, para os nosos recoñecementos médicos aos que todo o persoal temos dereito cada ano para avaliar a nosa saúde cunhas probas axeitadas á nosa situación persoal e no noso posto de traballo, van parar a pagar débedas das nosas Comunidades Autónomas, as nosas entidades Locais, o noso Estado.

Se a Saúde Laboral é fundamental para vivir e despois ter un traballo, e como di a Organización Internacional do Traballo (OIT), que debe ser digno, seguro e posibilite o desenvolvemento das persoas, as familias e a sociedade na que viven e actúen para poder desenvolver libremente a súa personalidade sen vulnerar ningún dereito fundamental da Declaración Universal dos Dereitos Humanos (DUDH), tal como vén recollido no artigo 22 da dita declaración e que asume o noso texto Constitucional actual en toda a súa extensión.

Por isto, pedimos:
- Unha aplicación efectiva da lei 31/1995 de Prevención e Riscos Laborais, lei básica neste campo que regula todos os aspectos do noso marco do traballo.
- O investimento en programas que potencien a formación, información e investigación das nosas institucións noas persoas traballadoras máis castigadas pola crise para integralas e recuperalas para realizar un traballo digno e seguro.
- A recuperación e mellora das liñas postas antes en marcha para conciliar traballo e familia , que se viron afectadas por supresións e recortes na maioría deles.
- A investigación para que as enfermidades profesionais debidas aos novos métodos de organización do traballo que causan unha excesiva carga mental e física, sexan corrixidos e previdos.
- A utilización de novos materiais que eviten a enfermidade en caso de sistemas de comunicacións e redes que sabemos que crean campos electromagnéticos que inciden na nosa saúde negativamente.
- A realización e activación de servizos propios e públicos de Saúde, que teñan o prescrito na lei e que permitan detectar e tratar a enfermidade canto antes ao dispoñer de médicos do traballo que coñecen e poden aforrar visitas a un e outro servizo pola desinformación e ignorancia do noso problema.
 Ante todas as situacións sociais e persoais que se dan e que é imposible recoller neste pequeno texto, loitemos co principio da solidariedade e o lema:

NON DEIXES RECORTAR A TÚA SAÚDE SEN MOTIVO:
AGORA OU NUNCA, DEBES LOITAR PARA DEFENDELA

Este ano queremos sumarnos ao chamamento da OIT(Organización Internacional do Traballo), PARA PEDIR MEDIDAS QUE AXUDEN AO RECOÑECEMENTO DAS ENFERMIDADES PROFESIONAIS NOS NOSOS ESTADOS E CON ISTO AXUDAR A MILES DE PERSOAS TRABALLADORAS QUE SOFREN ESTA LACRA POR TRABALLAR EN CONDICIÓNS NON AXEITADAS.

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza