Anuncio da Consellería sobre as Oposicións 2017
Oposicións 2017
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de anunciar que convocará unha oferta de emprego público (OPE) con prazas en ata 25 especialidades de docencia diferentes. En concreto, convocaranse prazas de mestre en todas as especialidades, nomeadamente as de Educación Infantil, Educación Primaria, Lingua Estranxeira Inglés, Lingua Estranxeira Francés, Educación Física e Música e Pedagoxía Terapéutica e en Audición e Linguaxe.
No referido ao profesorado de Secundaria, haberá oferta en doce especialidades, en concreto nas de Lingua e Literatura Galega, Lingua Castelá e Literatura, Xeografía e Historia, Matemáticas, Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía, Inglés, Educación Física, Análise e Química Industrial, Asesoría e Imaxe Persoal, Hostalería e Turismo e na de Organización e proxectos de fabricación mecánica.
No caso dos profesores técnicos de Formación Profesional, as prazas serán para Cociña e pastelería, Equipos electrónicos, Laboratorio, Mantemento de vehículos e Sistema e aplicacións informáticas.