STEG ó día · Mobilizacións · Marchas da Dignidade

Ás 12 h. na Coruña en defensa das pensións e dos servizos públicos

Marchas da Dignidade sábado 25 de febreiro

O vindeiro sábado 25 de febreiro ás 12 horas a Plataforma Galega das Marchas da Dignidade manifestarase polas rúas da Coruña EN DEFENSA DAS PENSIÓNS E DOS SERVIZOS PÚBLICOS e chamamos á participación de toda a afiliación, no convencemento de que este tipo de accións é fundamental se queremos preservar os servizos públicos.

Achegámosvos tamén os horarios dos autobuses dispoñíbeis dende as principais comarcas, vilas e cidades do país.

Animámosvos a que vos incorporedes á columna que prefirades facéndovos saber que, en todo caso, o punto de reunión das representantes sindicais do STEG será na columna 2 ás 12:00 h., onde estaremos visíbeis coas bandeiras da organización.

Deste xeito haberá dúas columnas cos percorridos que vos achegamos nos enlaces activos, que confluirán finalmente nunha soa columna rematando a manifestación nos Xardíns de Méndez Núñez:

Columna 1: Concentración e saída desde o Pazo da Ópera, Avda. Arteixo, Juan Flórez, Marcial del Adalid, Federico Tapia, Fontán hasta a súa chegada á Praza de Ourense.

NO PAZO DA OPERA TERÁN O PUNTO DE ENCONTRO AS COMARCAS QUE CONFORMARÁN A COLUMNA 1:  Ourense, O Carballiño, O Ribeiro, Vigo, Morrazo, Pontevedra, Arousa, Barbanza, Compostela e A Estrada-Lalín.

https://goo.gl/maps/eJWNdZR2HfB2

Columna 2: Concentración e saída desde Campo da Leña, Panadeiras, Orzán, Pórtico de San Andrés, San Andrés, Praza de Pontevedra, Teresa Herrera, Praza de Lugo, Padre Feijoó e desembocadura na Praza de Ourense (coincidindo coa primeira columna nese punto).
NO CAMPO DA LEÑA TERÁN O PUNTO DE ENCONTRO AS COMARCAS QUE CONFORMARÁN A COLUMNA 2 :  A Coruña, Ferrol,  Monforte, Sarria, Lugo e a Mariña.

https://goo.gl/maps/h9Dh3vgFptE2



Marcha conxunta das dúas columnas: A partir da Praza de Ourense, as columnas van xuntas por Sánchez Bregua, Praza de Mina, Cantón Pequeno, Cantón Grande, Obelisco e remate en Méndez Núñes onde será o acto final.


Fanfarria Takicardia acompañará á primeira columna, e logo actuará tamén no acto final, onde haberá máis actuacións e terá lugar a lectura do Manifesto. Acompañando a columna tamén irá un grupo de animación disfrazado, que irá repartindo panfletos e dándolle alegría á manifestación.

https://youtu.be/Hm8PkBHkUVE

Na segunda columna tamén haberá animación e música por parte do mesmo grupo.

A idea é que nas columnas vaia xente disfrazada, é entroido e dende a organización anímase a se disfrazar a quen así o considere.

BUSES


O STEG  forma parte de dita Plataforma e, dada a importancia das reivindicacións para o conxunto da cidadanía, anima a toda afiliación a participar nesta mobilización.

Agardando que a información sexa do voso interese e que asistades, recibide un saúdo,


STEG

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza